Despois de arrasar as Lampas de Miraz , no límite con Louzara, estas fermosas e poderosas máquinas son moito máis rápidas que 200 operarios traballano xuntos e o resultado pódese ver na segunda foto.
Na segunda foto pódes ver a plantación de Pirófitas no Alto do Balbón(Louzara), feita por unha máquina desta calaña.
Outro despilfarro, xa que para prantar os piñeiros arrasouse a parte superior dun Bidueiral que se prantou el soiño, sen gastar un euro, e a madeira será de unha calidade moi superior a dos piñeiros e no mercado cotizase a a máis da dobra de prezo.
domingo, 14 de março de 2010
Xigantesca prantación de piñeiros en Gamiz
Aldea abandonada no canón do Louzara, canto menos veciños máis prantacións de pirófitas, ¿quen venderá estes pñeiros, Quen se lucra e lucrará destas operacións?. Desta ladeira alimentaese o río subterraneo que sae na Cova de Santalla de Abaixo de Louzara, o manantial que movía o muiño de Fiz Vergara Vilariño
Prantas pirófitas abandonadas despois da prantación
Esperando polo lume, outo exemplo de fondos públicos sembradsos polo monte estragado, nunha zona de medorras( Túmulos funerarios). As empresas que prantan logo desentendense do mantemento da superficie nas debidas condiccións para evitar os lumes, tarefas as que están obrigadas tal e como se estipula na convocatoria das subvencións
Pista abandonada, desfeita pola choiva
Fondos públicos tirados polo chan, deste xeito contaminase de xeito grave todos os cursos de auga, ata op louzara e LOr.
Dolina, monumento xeolóxico calcario prantado de piñeiros
Á Dereita do cortalumes , na parte superior da imaxe, vese o crater desta formación totalmente arrasado pola prantación de piñeiros.estas formacións son moi escasas en Galicia , son autenticos archivos paleontolóxicos, ó funcionar de trampas que capturan restos de prantas e animales durante centos de miles de anos. Nesta zona está a maior concentración de todo o espazo natural do Courel
Artefacto moi estrano nunha zona arqueolóxica
Asentado no mesmo curuto do Alto das Medorriñas, nunha zona arqueolóxica. Produce un gran impacto en varios quilómetros á redonda. Non se sabe para que serve, pero si que foi pagado con fondos públicos
Subscrever:
Mensagens (Atom)